Ir al contenido principal

Entradas

Horario de verán

IV Campamento de verán : Coñece o teu CONCELLO

Ábrese o prazo para as inscricións nas actividades para nenos e nenas  entre 4 e 12 anos  durante o mes de xullo. BASES 1.Trátase dun programa lúdico e educativo de actividades programadas dende o Concello de Sober,   que terán lugar  os martes, mércores e xoves do mes de xullo entre as 10:30 e ás 13:30h . 2. O número de prazas ofertadas é de 6 cada semana. 3. A idade para participar será a comprendida entre 4 e 12 anos . 4. Terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober. 5.O prazo de inscripción será dende o día 25 ata o 29 de xuño , ambos incluídos. 6. A inscrición realizarase enviando un correo electrónico cos datos persoais do/a participante ( nome e apelidos, idade, teléfo no de contacto e semana ou semanas nas que desexa participar ) a cultura@concellodesober.com . 7. Se existe máis demanda que prazas ofertadas unha semana, cubriranse as prazas por rigurosa orde de entrada de solicitudes no correo. 9. Crearase unha lista de espera p...

# Mércores de conto

Hoxe na #hora do conto a BPM de Ordes  preséntanos A mellor familia do mundo https://www.youtube.com/watch?v=Vckd9SKL90c&list=PLNZ3WNrxmzIYzp4tD7kIkdkBm3MmCOyPM&index= #BibliotecasMunicipais #MércoresdeConto

#BiblioVeránEnGalicia

A partir de mañá, 23 de xuño, comezamos unha nova colaboración entre as #bibliotecasmunicipais de Galicia. Queremos aproveitar os lazos establecidos durante o confinamento para ofrecer ás persoas usuarias da rede novas propostas conxuntas. Todos os días ( de luns a venres ) ás 12:00h. haberá unha publicación có cancelo #biblioveránengalicia co que cada biblioteca participante dará a coñecer as características dos lugares máis representativos do seu concello. Con esta iniciativa queremos promover o turismo pola nosa terra durante este verán, animando a coñecer todos os recunchos que aínda temos por descubrir. A BPM de Sober fará esta publicación diaria  as 12:00 de luns a venres na páxina de facebook :   https://www.facebook.com/clubdelectura.pintordecastinande/ #biblioveránengalicia #bibliotecasmunicipais

VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA

Xoan Curiel e a Banda do Verán remitennos un agasallo para os nosos usuarios,  no que fan  protagonistas aos nenos/as galegos/as neste fin de curso. É o seu novo videoclip. Xa que estiveron confinados na casa, quixeron facer un vídeo de terror "electrodoméstico", para rirnos un pouco tamén despois de todo o que pasamos. Está interpretado integramente por nenos e nenas: 👻😉VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA https://youtu.be/dA7ZZUrguuE   Pertence ao proxecto (libro disco e espectá culo) de música infantil A Casa do Terror , premiado cos pasados Premios Martin Codax e hai pouco co Premio Frei Martin Sarmiento que fallan os propios escolares. Moitas grazas a Xoán Curiel e a todas as persoas implicadas na cultura en Galicia que nos aportan, as bibliotecas e aos seus usuarios ,  un montón de recursos para compartir nestes tempos tan complicados para todos.

# Mércores de conto

Hoxe na #HoraDoConto , desde a Biblioteca do Saviñao, queremos recomendar o contiño para bebés : Lúa, de Antonio Rubio e Óscar Villán, da editorial Kalandraka, contado por Ana Abelenda , e que podedes atopar en @kalandrakatv http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=2#PD_Ana%20Abelenda%20-%20La #BibliotecasMunicipais #MércoresDeConto