Ir al contenido principal

IV Campamento de verán : Coñece o teu CONCELLO

Ábrese o prazo para as inscricións nas actividades para nenos e nenas 
entre 4 e 12 anos durante o mes de xullo.

BASES
1.Trátase dun programa lúdico e educativo de actividades programadas dende o Concello de Sober,  que terán lugar  os martes, mércores e xoves do mes de xullo entre as 10:30 e ás 13:30h.

2.O número de prazas ofertadas é de 6 cada semana.

3. A idade para participar será a comprendida entre 4 e 12 anos.

4. Terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober.

5.O prazo de inscripción será dende o día 25 ata o 29 de xuño, ambos incluídos.

6. A inscrición realizarase enviando un correo electrónico cos datos persoais do/a participante ( nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e semana ou semanas nas que desexa participar ) a cultura@concellodesober.com.

7. Se existe máis demanda que prazas ofertadas unha semana, cubriranse as prazas por rigurosa orde de entrada de solicitudes no correo.

9. Crearase unha lista de espera para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.

10.Este campamento levarase a cabo, sempre que o permitan as autoridades competentes, adaptándonos as novas medidas de seguridade e hixiene e seguindo os protocolos necesarios para crear un entorno controlado e seguro.



Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán