Na semana do libro, as nenas e nenos das Merendas con contos levaron a cabo o tradicional mercado de libros con fondos duplicados ou de expurgo da Biblioteca Pública Municipal.
O Club de Lectura Pintor de Castinande celebrou o Día do Libro cunha visita turística por Villafranca do Bierzo, onde se atopan os restos de Elena Quiroga, autora de 'Viento del Norte', unha das últimas lecturas que fixo o Club de Lectura. A viaxe rematou no Barco de Valdeorras, na Casa Grande de Viloira, onde pasou a súa infancia a escritora.
Con motivo do mes do Amandi, as e os participantes das Merendas con contos saíron de visita á viña dos Chelos onde coñeceron de primeira man como se realizan os traballos de poda.
Título para gozar no Club de Lectura Pintor de Castinande: El prodigio de las migas de pan de Marga Durá, editado por Destino. 'Historia da pedagoga máis revolucionaria da historia que marcou a súa vida para sempre. Unha novela fascinante que reivindica o rol da muller cando ninguén estaba preparado'.