Ir al contenido principal

Entradas

Un chisco de maxia no verán co mago Paco

Esta semana gozamos moitísimo do espectáculo que nos trouxo o Mago Paco. Entramos nun  mundo fantástico e divertido no que as nenas e nenos viaxaron por lugares abraiantes, coñeceron a personaxes estraños e viviron aventuras máxicas.

Espectáculo de maxia co mago Paco

 

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 3

Seguimos o programa de actividades sobre igualdade na BPM dentro do campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. Esta semana traballamos a educación emocional para adquirir as competencias necesarias para previr a violencia, o estrés, a ansiedade, a depresión, etc.

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 3

Seguimos coas lecturas de verán. Desta volta escollemos o título Historia dunha nube de   Eleonora Garriga e Gómez, publicado por Triqueta. Mergullámonos nesta encantadora historia e acompañamos á pequena nube na súa viaxe de autodescubrimento, aprendendo a ser diferente e o que nos fai únicos e especiais. Hai algo malo en non ser como o resto? Existe unha forma mellor que outra? 

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 2

    

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 2

Seguimos coas lecturas dos mércores no campamento de verán 2025 con  Antes fuimos dinosaurios.  Ademais, co kamishibai abrimos a porta á imaxinación a través doutro formato de lectura.  Ron é un enorme Tiranosauro Rex pero é bastante diferente repecto ao resto dos tiranosauros. Mei é un dinosauro moi pequeno, case insignificante para ser un dinosauro. A partir destes dous personaxes entramos nunha entrañable historia de amizade na que os dous teñen algo en común: o desexo de evolucionar cumprindo os seus soños.

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 1

Iniciamos o programa de actividades sobre igualdade na BPM dentro do campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. Educando en igualdade educamos sen diferenzas nas mensaxes en función do sexo, baixo valores como o respecto cara ás e aos demais.