Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2025

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán  

Entrega certame de debuxo Letras Galegas 2025

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de facer a entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 entre os nenos e nenas participantes. Os e as gañadoras foron: Categoría A: Primeiro Premio: Carla Fisteus Gallo Segundo Premio: César Fernández González Terceiro Premio: Erea Vázquez Rodríguez Categoría B: Primeiro Premio: Carla Martínez Pardo Segundo Premio: Manuel Vázquez Vázquez Terceiro Premio: Aroa Vivirido López Na entrega de galardóns actuaron Adriana, Carla e Lara, alumnas de clarinete da Escola Municipal de Música. Noraboa a todos e todas e grazas por participar!  

Exposición Xaime Cortizo

 Inauguración e visita guiada á exposición Viaxe interior de pedra e auga de Xaime Cortizo.

Trémola teatro

P echamos o curso das nosas  Merendas con contos   voando directamente ao espazo con Trémola Teatro. Realizamos unha viaxe fascinante pola historia das mulleres pioneiras da carreira espacial. Ademais aprendemos pasándoo xenial indo máis alá das estrelas!
 Encontro de poesía con Esteban A. Jiménez.

Tribunal da igualdade

As e os participantes das Merendas con contos  crearon un tribunal da igualdade para rachar cos esterotipos. Construíron un espazo onde todas as persoas se sintan libres e respectadas.

Merendas con Contos-Xuño

 

A conto delas de Cris de Caldas

Os membros do Club de Lectura Pintor de Castinande gozaron e emocionáronse cos contos de Cris de Caldas.  Co seu espectáculo, A conto delas, coñeceron as historias de mulleres que a súa avoa lle contaba.  

Convocatoria Campamento de verán: Coñece o teu Concello

 

Excursión ao cine

O venres 30 de maio as Merendas con contos foron de excursión ao cine a ver Lilo e Stitch. Adquiriron as entradas grazas á recaudación das vendas realizadas no mercado do libro.

IV Ciclo USC. Programa Universitario para Maiores

Ao longo do mes de maio tivo lugar o Programa Universitario de Maiores IV Ciclo Camiños de coñecemento e experiencia da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado realizou tres seminarios: - O Reino de Galicia na Idade Moderna impartido por Rubén Castro Redondo, docente da Facultade de Ciencia das Humanidades e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo. - Axuda Humanitaria, cooperación e conflitos, con Ana Lampón de Solidariedade Internacional, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo. - As especies arbóreas da contorna con Blanca Fraga Cimadevila, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

Sentimos para respectar

O venres 23 de maio recibimos a Paula Santos para recoñecer as emocións que sentimos en situacións de desigualdade e a poñernos no lugar das e dos demais. 

Día das Letras Galegas 2025

Polo Día das Letras Galegas 2025 gozamos dos Contos e lendas daquí e acolá de Velaísca . Que ben o pasamos!

CL-A través de mis pequeños ojos de Emilio Ortiz

Título para gozar no Club de Lectura Pintor de Castinande: A través de mis pequeños ojos  de Emilio Ortiz, editado por Duomo. 'Fermosa historia de amizade, amor e superación contada a través dos ollos dun can guía. Cross é un can guía alegre e inquieto. Mario é un rapaz novo invidente que intenta abrirse camiño na vida. Xuntos forman un gran equipo'.

Merendas con Contos- Maio

 

Mercado de libros

Na semana do libro, as nenas e nenos das Merendas con contos  levaron a cabo o tradicional mercado de libros con fondos duplicados ou de expurgo da Biblioteca Pública Municipal.

Visita a Villafranca do Bierzo

O Club de Lectura Pintor de Castinande celebrou o Día do Libro cunha visita turística por Villafranca do Bierzo, onde se atopan os restos de Elena Quiroga, autora de 'Viento del Norte', unha das últimas lecturas que fixo o Club de Lectura. A viaxe rematou no Barco de Valdeorras, na Casa Grande de Viloira, onde pasou a súa infancia a escritora.

Mes do Amandi

Con motivo do mes do Amandi, as e os participantes das  Merendas con contos saíron de visita á viña dos Chelos onde coñeceron de primeira man como se realizan os traballos de poda.

A lectura no Mes dos Libros

 

Merendas con Contos- Abril

 

CL-El prodigio de las migas de pan de Marga Durá

Título para gozar no Club de Lectura Pintor de Castinande: El prodigio de las migas de pan de Marga Durá, editado por Destino. 'Historia da pedagoga máis revolucionaria da historia que marcou a súa vida para sempre. Unha novela fascinante que reivindica o rol da muller cando ninguén estaba preparado'.

Conectando en igualdade

O venres 28 de marzo preguntámonos: somos iguais nos contos? A través da lectura d e historias inclusivas, a educadora social Paula Santos falou da gran importancia que teñen os valores da igualdade de xéneros, o respecto mutuo e as diversidades.

Presentación poemario : Maloma , de José Carlos López Valcárcel

 

Día da Muller

As nenas e nenos das Merendas con contos participaron nun contacontos e obradoiro con temática feminista arredor da efeméride do Día da Muller que se celebra o día 8 de marzo.  A encargada de levar a cabo a actividade foi Sabela Rodríguez Coutado, propietaria da libraría Os Fedellos.