Ir al contenido principal

Club de lectura Pintor de Castinande



Rematamos o mes de outubro coa lectura da novela
 "Criadas y señoras (The Help)" da escritora norteamericana Kathryn Stockett :
 
Skeeter volta para casa,  unha vez que remata os seus estudios universitarios.
Aibileen é unha criada negra, unha muller sabia que xa criou 17 nenos brancos, tras perder a seu fillo pola desidia dos capataces cós que traballaba.
Minny é a mellor cociñeira de Jackson, Mississippi, cun forte carácter que lle fai perder os empregos nas casas dos brancos.
Tres persoas distintas que acabarán xuntándose para levar a cabo un proxecto clandestino nunha sociedade marcada pola desigualdade racial, na década de 1960, xusto antes da aprobación da Lei de dereitos civís de 1964.
Criadas e señoras conta unha historia agridulce, que amosa o peor pero tamén o mellor das persoas.
Para a autora, Kathryn Stockett,nativa de Jackson, é a súa primeira novela, escrita a partires da propia experiencia familiar. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán