Ir al contenido principal

Merendas con contos : Apicultura e Gandería


"As abespas e as abellas constrúen casas fantásticas con celas pequenas ; en cada cela, a avespa raíña pon un ovo ...As abellas viven e traballan xuntas e se mudan en grupo ou enxame."
 

Destas e moitas máis cousas falounos Iñaki Rodríguez Pérez, apicultor de Sober, nas Merendas con contos de novembro, adicadas á tradición oral e os oficios. Invitounos a probar o mel dun panal  e rematamos a actividade có texto de Ángela Wilkes, "Casas de animais", Baía edicións.


"Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores"

 Sobre gandería falamos e contounos a súa experiencia Tomás Pérez Castro, responsable dunha explotación de gando vacún en Mer na parroquia de Proendos.. Os coidados, as razas, a alimentación destes animais centraron as preguntas dos nenos e nenas que remataron coa lectura de "A vaca" de Adela Leiro e Xosé Ramón Daporta, editorial A Nosa Terra. 
O leite é un dos elementos fundamentais para facer moitos postres, como as bicas e filloas que  gracias as boas mans de Benita Pérez Vivirido degustamos nesta tarde de contos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán