Os premiados nos certames de Nadal |
POESÍA INFANTIL
3º premio SARA NAVARRO DOVAL
En decembro , outra vegada
con dourados e con fitas
![]() |
Postal feita por HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ |
agochamos a verdade
ruina, morte e destrucción.
Un planeta moribundo,
asoballado e desparello,
onde os pobres do mundo
non coñecen o Nadal.
Sementeira de esperanza
xerminada coa dor
esmagada polas botas
destes amos do terror.
Cando soen as badaladas
dunha nova alborada,
chegarán outras batallas
que non podemos perder.
Xa nin cartos nin poder :
Só a solidariedade
levaranos a entender
o verdadeiro Nadal.
2º premio ÁNXELA JORGE VIDAL
Decembro alumea de cores as rúas
compre que deixemos atrás as nosas tristuras
xa os paxariños deixaron os niños
e as aves fuxiron do terrible frío,
a neve cobre os nosos camiños,
tentando afastarnos dos fogares
para disfrutar dun mundo imaxinado,
fantástico e cheo de felicidade.
O son das campás resoa
facéndonos espertar,
lembrándonos que xa é Nadal.
Coloquemos os beléns como bandeira e poder,
có neno Xesús sorrindo,
María e Xosé apocadiños
porque xurdiu un novo mundo,
daqueloutro fundido.
Decoremos as polas da árbore
con símbolos dos dereitos humanos,
fagamos deste mundo,
un mundo que sexa máis amado.
Debemos celebrar estas datas,
con solidariedade e ledicia,
porque, qué hai mais amado
que o pracer de estar cá familia?
![]() |
Postal feita por LAURA GÓMEZ GRANDE |
1º premio SABELA JORGE VIDAL
Nun recuncho lonxano da porta da sala
á beira da fiestra e da cheminea acesa,
loce fermoso, ergueito e chamativo,
coma sempre, o solitario e verde piñeiro.
É unha árbore que imos adornar con agarimo
das mans máxicas da ilusión,
que fai que esquezamos o estrés e a crise
e todos os problemas que apartan o riso da nosa cara,
que nos lembra lucindo as súas fermosas galas
que un ano máis, de novo, estamos en Nadal.
Deben renacer en nós as emocións escondidas,
debemos adoptar o espíritu da felicidade,
debemos ser agradecidos polo que xa temos,
disfrutar das cousas sinxelas e cotiás da vida,
acender o lume que dá enerxía o noso día a día.
Así, xuntos e coas voces altas
faremos o milagre da maxia de Nadal,
que a maxia está en nós mesmos,
berra o piñeiro cheo de ledicia
en voz alta di : mantédea así.
Representación do contacontos : EL SUEÑO DEL OSITO ROSA. |
Comentarios
Publicar un comentario