Ir al contenido principal

LA CASA DE LOS ESPÍRITUS, ISABEL ALLENDE



Dende o mes de decembro de 2013 e  ata o día 22 de xaneiro de 2014, o Club de lectura da Biblioteca estivo coñecendo un pouco da historia recente de Chile, grazas a novela de Isabel Allende : La casa de los espíritus.

Nesta historia a narradora nos introduce nunha saga familiar, encabezada por Esteban, o patriarca, un home inestable e orgulloso que posúe cobiza pola terra e que namorado de Clara , a matriarca misteriosa que predí as traxedias da familia e establece o destino da casa e dos Trueba. As paixóns desta familia Trueba, as súas loitas, e os seus segredos, expándense durante tres xeracións, e un século de violentos cambios, que culmina nunha crise social , máis os lazos de amor destos homes e mulleres son complexos e duradeiros.




La casa de los espíritus ( 1982 ) é  a súa primeira  novela , naceu dunha carta que lle escribira o seu avó cando contaba con 99 anos, e estaba a piques de morrer. Foi adaptada tanto ao cine coma ó teatro por Bille Augus.


Outros títulos  de  ISABEL ALLENDE que atopamos na Biblioteca de Sober : 

-EL REINO DEL DRAGÓN DE ORO
-LA SUMA DE LOS DÍAS
-INÉS DEL ALMA MÍA
-PAULA
-EVA LUNA
-EL PLAN INFINITO

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán