Ir al contenido principal

8 de marzo : CERTAME MULLERES DE LEMOS


BASES DO III CERTAME MULLERES DE LEMOS


O Colectivo Lemos Le formado polas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober e as Bibliotecas Escolares e Equipos de Dinamización e Normalización  Lingüística do CEIP A Gándara, CEIP A Pobra de Brollón, CEIP Colexio Novo, CEIP Monte Baliño, CEIP Virxe do Carme, EEI Infanta Elena e IES Daviña Rey ; convoca a terceira edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras relevantes na historia das Terras de Lemos.

Cada ano escollese a figura dunha muller que fose relevante na historia das Terras de Lemos, que nacera, vivira ou morrera na comarca, ou cuxa vida estivera relacionada con ela. Intentarase que cada convocatoria sexa adicada a unha muller dunha localidade diferente.

Este III certame rexerase polas seguintes bases

Primeira : O certame deste ano versará sobre a figura de LOLA DE PENELAS.

Segunda : Establécense 2 modalidades :
a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos
b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

Terceira : Poderá concorrer a este certame caquera persoa que presente o seu traballo en lingua galega. Só se poderá presentar un traballo por persoa.

Cuarta : Os traballos presentados ademáis de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados ou divulgados en todo ou en parte por calquera medio físico ou electrónico. Os traballos presentados deberán aterse : 
a. extensión mínima de 2 páxinas e máxima de 4 para banda deseñada e en branco e negro.
b. extensión mínima de 10 páxinas e máxima de 25 para o traballo de divulgación, en tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12.

Quinta : Cada un dos traballos presentarase nunha copia en papel e nunha copia en formato dixital ( tiff, jpg, doc. ou pdf ). Non se admitirán manuscritos do traballo de divulgación.

Sexta : O prazo de presentación rematará o 30 de maio. Os traballos serán presentados en calquera biblioteca municipal ou escolar dos centros educativos da comarca de Lemos integrados no colectivo Lemos Le.

Sétima : Os traballos presentaranse nun sobre pechado, identificados por un lema ou título e asinados cun seudónimo. Noutro sobre en cuxo exterior figure o seudónimo, incluirase unha folla có nome, apelidos, e NIF, os enderezos postal e eléctrónico e os teléfonos de contacto da persoa autora do traballo de xeito que lle facilite á organización pórse en contacto con ela. As persoas menores de idade deberán achegar a autorización dunha persoa maior de idade que exerza como representante legal (ANEXO I )
No caso de remitirse as obras por correi postal a calquera das bibliotecas indicadas na base sexta, indicarase no sobre claramente "para participar no certame de Divulgación Mulleres de Lemos "

Oitava :O xurado estará formado por 3 persoas entendidas na materia. O premio único outorgarase por maioría simple de votos. Actuará como secretario/a do xurado con voz pero sen voto unha persoa designada polo Colectivo Lemos Le.

Novena : Calquera incidencia ocasionada pola interpretación destas bases será solucionada pola maioría simple dos embros do xurado. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer ó longo do mes de outubro, mes da biblioteca.

Décima : Concederase un único premio en cada categoría, segundo o criterio do xurado. O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías ou nomear un accésit por categoría se a calidade dos traballos presentados fai que así o estime oportuno.
Os premios consistirán en : diploma, lote de libros, lote de productos Ribeira Sacra e unha peza de artesanía local conmemorativa do certame.

Undécima : A entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

Duodécima : A sobras gañadoras quedarán en propiedade do Colectivo lemos Le. Os orixinais non premiados poderán recuperarse con cargo ás persoas autoras concorrentes, pasados 15 días da data de entrega de premios. Os orixinais que non fosen retirados neste prazo destruiranse.

Decimoterceira : O Colectivo lemos Le ten a potestade de publicar unha antoloxía coas mellores obras presentadas ó certame, para o cal cada participante polo mero feito de se presentar, concede autorización tácita ó colectivo para a publicación do seu orixina.

Decimocuarta : A participación neste certame supón a completa aceptación das presentes bases e máis das decisións do xurado que se designe.

Sober, 8 de marzo de 2016


ANEXO I

Autorización de participación para menores de idade

Don/a                          con DNI núm.                   como representante legal de
menor de idade, doulle a miña autorización para presentarse ó certame de Divulgación Mulleres de Lemos.





Don/a                          con DNI núm.                     como represntante legal de 
menor de idade, doulle a miña autorización ao Colectivo Lemos Le a reproducir e distribuir as imaxes do meu fillo /a derivadas da súa intervención nas actividades arriba mencionadas, en calquera dos formatos existentes, tanto clásicos ( prensa, tv, radio, dvd, etc.) como relacionados cos novos medios informáticos de redes de telecomunicación
 ( páxinas de internet e blog)

-------------de----------------------------------------------de 2016                         


Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro