Ir al contenido principal

Hoxe na biblioteca : ANXO MOURE



Imos vendimar un conto:

O Carballo con Botas camiñando polas ribeiras de Sober achou unha muller peixe, unha xacia do Sil vendimando un conto. 

O carballo quixo axudala e ela convidouno a que, cun cestiño enriba da cachola cargado de contos, a acompañase a contar historias para aprender a amar os ríos e coidar as súas augas. 

Probablemente cheguen a Sober, para ensinarvos a cantar, contar, e mesmo bailar a música do río no seu esbarar por penedas e cachóns, por fervenzas e augas caídas cara o Sil e o Miño.


ANXO MOURE estará hoxe , 4 de marzo, cós seus contos, na biblioteca. 

Coma sempre ás 17:30h.

MERENDAS CON CONTOS.


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán