Ir al contenido principal

CL-Cando todo cambiou, de Donna Milner



 A última lectura do noso club neste ano foi un libro da escritora canadiense Donna Milner,   sobre as relacións familiares, os segredos e as reflexións da vida : 


Cando Natalie Ward recibe a noticia da enfermidade terminal da súa nai Nettie, non dubida en regresar ao seu pobo natal, na pequena localidade canadense de Atwood, tras máis de trinta anos de ausencia. Na longa viaxe de autobús que emprende desde Vancouver, rememora o seu idílica infancia e os acontecementos que en 1968 cambiáronlle a vida, e a da súa familia. 

Entón ela vivía na granxa familiar cos seus pais e os seus irmáns homes. Pero un caloroso día de xullo, ao entrar o mozo River por primeira vez no seu xardín, comprendeu que todo cambiaría. River, que representaba un mundo libre de conservadurismos oposto ao que vivira ata entón, entrou a traballar na granxa e gañouse en pouco tempo o agarimo da familia e especialmente a admiración de Natalie. Pero, a partir dese momento, tamén se empezou a cambalear a súa estable vida familiar.

Un bo retrato da sociedade canadense dos anos 60 e dos acontecementos que marcaron  esa época : a guerra de Vietnam e o asasinato de John F. Kennedy. 



A AUTORA
Despois de traballar durante máis de vinte e cinco anos como axente inmobiliaria, en 2008, Donna Milner (Vancouver, Canadá) publicou a súa primeira novela, Cando todo cambiou, coa que obtivo un éxito extraordinario. Foi nomeada ao prestixioso Premio internacional IMPAC de Dublín en 2010 e traducida a nove idiomas. Donna Milner confirmou o seu talento coa súa segunda novela, The Promise of Rain, elixida como unha dos cen mellores novelas de 2010 pola revista Globe and Mail.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro