Ir al contenido principal

Certame de poesía e postais Nadal 2016


Un ano máis, e en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo , a BPM de Sober Convoca : 

 Certame de Poesía  e Postais   "Nadal 2016"

➤Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". 
➤Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O tamaño e os materiais empregados nas postais son de libre elección.

Haberá 3 categorías:

A- nenos ata 8 anos

B- nenos de 9 a 11 anos

C - rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 16 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca .
Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. 

Os traballos premiados no certame de poesía  nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame. Ademáis, os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.




Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán