A BPM DE SOBER INICIA UN NOVO CICLO DE ACTIVIDADES no PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA MERENDAS CON CONTOS para un novo curso 2018/ 2019 Venres día 5 : A CANTAR POESÍA CON MANOELE DE FELISA Espectáculo que achega ós máis pequenos e pequenas o mundo da poesía dun xeito lúdico e atractivo. María Victoria Moreno, Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro ... Entre outros, serán algúns dos poetas que coñeceremos a partir da voz do cantautor. Nenos e maiores difrutaron dunha tarde de poemas e música. Día 24 : Os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober visitaron a BPM para celebrar o día da Biblioteca, 24 de outubro. En colaboración coa biblioteca escolar fixéronse unhas xornadas de formación de usuarios a través do xogo : Break Out, que iniciaron os maís novos do colexio coa busca de tres libros na nosa biblioteca, a partir de pistas sinxelas que lles entregamos aos nen@s de 3 e 4 anos. ...