Ir al contenido principal

Escolma : mes de outubro



A BPM DE SOBER INICIA UN NOVO CICLO DE ACTIVIDADES 

no   PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA MERENDAS CON CONTOS

 para un novo curso 2018/ 2019 


  • Venres día 5 : A CANTAR POESÍA CON MANOELE DE FELISA



Espectáculo que achega ós máis pequenos e pequenas o mundo da poesía dun xeito lúdico e atractivo. María Victoria Moreno, Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro ... Entre outros, serán algúns dos poetas que coñeceremos a partir da voz do cantautor.

Nenos e maiores difrutaron dunha tarde de poemas e música.




  • Día 24 : Os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober visitaron a BPM para celebrar o día  da Biblioteca, 24 de outubro. En colaboración coa biblioteca escolar fixéronse unhas xornadas de formación de usuarios a través do xogo : Break Out, que iniciaron os maís novos do colexio coa busca de tres libros na nosa biblioteca, a partir de pistas sinxelas que lles entregamos aos nen@s de 3 e 4 anos.  

Unha visita estupenda que acompañaron as profesores do CEIP xunto a súa directora. Grazas por colaborar sempre con nós. 


  • Venres 19 e 26 :  tivemos dous obradoiros de debuxo : decoramos camisetas e debuxamos coas mans con Isabel Herrero : AUTORES CON PEGADA.




Entre lecturas na biblioteca : "EL SECUESTRO DE LA BIBLIOTECARIA"
E xogos de aprendizaxe en internet
Os nenos e as nenas que participan no programa Merendas con contos comezan unha nova etapa na BPM de Sober.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán