Esta novela de Borís Pasternak publicada en 1957 en Italia e en 1988 na URSS é a lectura escollida polo CLUB da biblioteca de Sober para o mes de decembro. O seu autor foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1958, con todo, Pasternak rexeitouno como consecuencia de presións políticas. Este libro conta a historia de Yuri Andréyevich Zhivago, , un mozo médico e poeta, orfo de nai e pai. A novela comeza coa morte da súa nai e vai describindo a nenez e a adolescencia de Yuri e Lara na cidade de Moscova. Nesta cidade, Yuri estudia medicina e tamén aquí contrae matrimonio con Tonia con quen ten un fillo, máis deberá deixalos para incorporarse ó fronte na 1ª Guerra Mundial. Nun antigo hotel, reconvertido en hospital militar, atópase con Lara coa que inicia unha historia de amor que se desenvolve ao longo de toda a novela. Os acontecementos desta obra transcurren durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918 ) , a Revolución Rusa (1917) e a posterior Guerra Ci...