Ir al contenido principal

Tradicións na biblioteca

Durante o mes de novembro os nenos e as nenas que participan nas Merendas con contos dos venres, realizaron diversos obradoiros  temáticos relacionados con datas destacadas do calendario, actividades que realizamos neste mes có obxectivo de dar a coñecer aos usuarios máis pequenos da biblioteca determinados aspectos da nosa cultura tradicional.

 Participaron nas actividades do Día Internacional contra a violencia de xénero, en colaboración coas integrantes dos Faladoiros dos luns, elaboraron teas de araña e pompones, con ganchillo e  confeccionados con la de cores, para decorar as árbores do parque de Sober, coma una señal contra todo tipo de violencia ;  teas de cores que representan a unión entre as persoas confeccionando redes de apoio e solidariedade. 






O venres 16 de novembro visitáronnos  dúas mulleres, integrantes da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte de Lemos.

O Alcalde de Sober deulles as gracias por achegarse ata a BPM e contarlle aos nenos e as nenas como eran as roupas dos nosos avós e como se bailaba nas festas das nosas aldeas . Escoitamos e atendemos  as explicacións de Clara e Conchita, que saben moito de tocar as cunchas, o pandeiro e tamén a pandeireta. Non faltaron as coplas e o baile.
Moitas grazas por vir á biblioteca de Sober e compartir con nós todo o que sabedes de música tradicional.



Rematamos o mes de novembro o venres 30 cun Obradoiro de Educación para o consumo responsable : a pirámide dos alimentos e a fabricación dun xoguete foron os protagonistas.




Imprencindible na tarde dos venres son os CONTOS, as lecturas en voz alta que se realizan antes dos obradoiros e despois de traballar na Aula Multimedia.

AS LECTURAS DE NOVEMBRO ¡¡

NENOS E NENAS NA AULA MULTIMEDIA ¡¡

 Como remate deste caderno de bitácora do mes de novembro, citar que tivemos o privilexio de disfrutar dunha exposición dos debuxos premiados no Certame Mulleres de Lemos, organizado polo Colectivo Lemos Le. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán