Ir al contenido principal

Doctor Zhivago, de Borís Pasternak


Esta novela de Borís Pasternak publicada en 1957 en Italia e en 1988 na URSS é a lectura escollida polo CLUB da biblioteca de Sober para o mes de decembro.
O seu autor foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1958, con todo, Pasternak rexeitouno como consecuencia de presións políticas.

Este libro conta a historia de Yuri Andréyevich Zhivago, , un mozo médico e poeta, orfo de nai e pai. A novela comeza coa morte da súa nai e vai describindo a nenez e a adolescencia de Yuri e Lara na cidade de Moscova.
Nesta cidade, Yuri estudia medicina e tamén aquí contrae matrimonio con Tonia con quen ten un fillo, máis deberá deixalos para incorporarse ó fronte na 1ª Guerra Mundial. Nun antigo hotel, reconvertido en hospital militar, atópase con Lara coa que inicia unha historia de amor que se desenvolve ao longo de toda a novela. Os acontecementos desta obra transcurren durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918 ) , a Revolución Rusa (1917) e a posterior Guerra Civil (1918-1920).


Este libro foi adaptado ao cine en 1965 nunha película dirixida por David Lean.
Aquí temos outra versión, tamén estupenda para pasar unha boa tarde de inverno.






Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán