A programación das MERENDAS CON CONTOS no mes de febreiro continúa coa dinámica de actividades, obradoiros e a lectura como punto de referencia.
Durante o mes de febreiro na AULA MULTIMEDIA realizamos diversos obradoiros :
- Coñecemos como é un ordenador a través do xogo , relacionando as partes dun equipo informático coas partes do corpo humano.
- Celebramos o Día da Lingua Materna (21 de febreiro)
Introducimosnos na lingua de signos coas tablets gracias a unha aplicación que os nenos e as nenas manexaron con destreza e coñecemos o alfabeto de signos ; aprendemos a decir os nosos nomes e alguna palabra para comunicarnos con esta linguaxe a través de xestos polo que se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou dificultade na fala.
![]() |
- Na BIBIOTECA houbo moito tempo tamén para a LECTURA : unha vez rematado o conto kamishibai , os nenos e as nenas leron a historia de "A xoaniña e o piñeiro", que eles mismos elaboraron :
![]() |
Nas lecturas deste mes incluimos algún dos contos de Kalandraka : "Mini libros para soñar" |
o día de San Valentín :
- O venres 22 homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO, cun obradoiro dirixido POLO CORREO DO VENTO : Enrique Mauricio e Carlos Taboada, realizaron contos e debuxos para coñecer a nosa poeta.
Os nenos e as nenas , e tamén os adultos , fixeron unha caricatura da poeta galega, guiados polas indicacións de Enrique Mauricio.
Os asistentes participaron activamente no obradoiro, recitando tamén algún dos poemas de Rosalía de Castro : FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI
O traballo realizado por Enrique Mauricio , un mural precioso, foi coloreado e agora decora a biblioteca de Sober.
- Coma xa
estamos en tempo de entroido, na
biblioteca fixemos os nosos compadres e
comadres, de papel, confeccionados polos nenos e as nenas.
Estos bonecos son característicos da nosa comarca. Este foi o
resultado
Comentarios
Publicar un comentario