Ir al contenido principal

Mi pecado, de Javier Moro



LECTURA para o mes de  FEBREIRO NO CL PINTOR DE CASTINANDE
BPM DE SOBER
ÓS MÉRCORES ÁS 19:00h.

Javier Moro recrea na súa última novela
MI PECADO, unha historia que sucedeu realmente.
A protagonista desta historia é a actriz española Conchita Montenegro quen, en 1930 con apenas 19 anos, desembarcou en Hollywood.

Grazas á súa beleza, intelixencia, personalidade e tesón, a nova promesa fíxose un oco entre as principais estrelas do momento. A súa extraordinaria mirada cativou a Leslie Howard, de quen foi compañeira durante un tempo; este actor era un home casado que lle dobraba a idade. Os amantes viviron o seu idilio entre festas de ilusión e estreas triunfais, paseos da cabalo e voos en avioneta pola costa de California.

Trece anos máis tarde, a súa historia de amor tivo un desenlace inesperado cando os dous reencontráronse en Madrid e, sen sabelo, influíron no curso da Segunda Guerra Mundial.

https://youtu.be/wONwUNBGY-s



O AUTOR : JAVIER MORO

É un dos autores máis queridos polos lectores e valorado pola crítica do panorama literario en español.

Xornalista e escritor, tamén traballou no mundo do audiovisual como guionista e produtor; nesta faceta, viviu cinco anos en Hollywood.
Entre os seus libros, destacan Carreiros de liberdade (1992), O pé de Jaipur (1995), As montañas de Buda (1998), Era medianoite en Bhopal (2001), en colaboración co seu tío Dominique Lapierre, Paixón india (2005), O sari vermello (2008), O imperio es ti (Premio Planeta 2011) e A flor de pel (2015).









Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán