Neste verán a BPM de Sober pasou a formar parte do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia . O novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ Entre as vantaxes que perciben os usuarios está o acceso, cun carné único de bibliotecas, aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións… así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, un sistema de préstamo de libro electrónico. Será imprescindible presentar o novo carné cando queiramos levar un libro de calquera das bibliotecas da rede. Por iso, os usuarios da BPM de Sober, poden pasar a SOLICITAR e recoller este novo carné e a preguntar por as nov...