Ir al contenido principal

Novo carné da biblioteca


  Neste verán a BPM de Sober pasou   a formar parte do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
 
O novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
 
Entre as vantaxes que perciben os usuarios está o acceso, cun carné único de bibliotecas, aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións… así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, un sistema  de préstamo de libro electrónico.

 Será imprescindible presentar o novo carné cando queiramos levar un libro de calquera das bibliotecas da rede. 

Por iso, os usuarios da BPM de Sober, poden pasar a SOLICITAR e recoller este novo carné e a preguntar por as novidades que supón a súa posta en marcha.
Desexamos que estes cambios supoñan unha mellora do servizo bibliotecario que o Concello de Sober leva prestando hai xa 25 anos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán