Ir al contenido principal

Igualdade de xénero dende a lectura


 Durante este verán programáronse un total de tres obradoiros con actividades de dinamización da lectura que tiveron  como obxectivo a promoción da igualdade entre homes e mullleres. 


A BPM de Sober, coa colaboración das axudas convocadas pola  Consellería de Cultura da  Xunta de Galicia,  comprometeuse  na  prevención e sensibilización contra calquera forma de violencia contra a muller e participa así no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

Traballar a igualdade de xénero dende a lectura na biblioteca pública, especialmente cos nenos e nenas pode axudar a eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, a previr situacións de discriminación sexista no futuro.


  • O primeiro destes obradoiros realizouse nas instalacións da piscina municipal a tarde do 21 de agosto.






= (Igual)quere concienciar aos cativos e mozos da necesidade da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiás coma as cores, os traballos, os xoguetes ou a roupa.






  • A seguinte actividade foi o mércores 28 de agosto, tamén nas piscinas : 





"A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado" imos reciclar as malas novas sobre a violencia de xénero para transformalas en corazóns de papel reciclado. Acompañando o obradoiro cunha sesión de contos solidarios interpretados con monicreques de artesania tecidos por cooperativas de mulleres dentro do comercio xusto



  • Para rematar este programa de igualdade, o mércores 4 de setembro voltamos para a Biblioteca e alí tivo lugar un obradoiro  con moita música :




Na Cociña. O lugar máxico onde facíase vida, contábanse historias, e os instrumentos cotiás cobraban vida musical. Con tixola, morteiro, pandeir@s, noces, guitarra, alboka, gaita, e algunhas sorpresas máis... falamos de alimentación, saúde, e a conciencia dos roles de xénero. Neste caso na cociña estaremos acompañados dun guitarrista!!











Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán