Para agasallar a Rosalía de Castro , o CL Pintor de Castinande , adica esta sección a coñecer algún dos poemas desta poeta galega. Escollemos poemas musicados por Amancio Prada , que dixo de Rosalia en 1994 : " Rosalía de Castro é un dos raros poetas que tivo a sorte de transcenderse a si mesmo. O pobo, a xente, fixo súas as poesías, do mesmo xeito que Rosalía, fixera os seus versos de coplas populares, tomándoos como motivo de inspiración e punto de partida. Un proceso de influencia recíproca " Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiros, as soidades viñeron... De pena me consumiron. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. A xustiza Pola Man Aqués que ten fama d´honrados na vila Roubáronme tanta brancura que eu tiña ; Nin pedra deixaron en dond´eu vivira. Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas. Ó raso coas lebres durmín nas campías;...