Ir al contenido principal

Novidades no catálogo : LETRAS GALEGAS

AD INFEROS,   o primeiro poemario da monfortina Mónica Sánchez , editado por Chan da Pólvora,  xa está dispoñible para o préstamo na BPM de Sober.  Libro composto de poemas e imaxes, que son tamén poemas visuais, en palabras da propia autora. 
 
 
 
 
 Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.
Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Nesta historia inventada, pero tremendamente real,  descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas galegas.
 
 
  Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional, e agora chega á BPM de Sober a súa novela Seda  traducida ao galego. 


#novidades no catálogo
#letras galegas

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán