Ir al contenido principal

Próxima reapertura da biblioteca

A partir do  luns 11 de maio a biblioteca do Concello de Sober volverá a prestar servizos presenciais no seu horario habitual:
 De martes a venres : de 11 a  13 h. / de 16 a 20 h.
Os luns: de 16 a 20 h.
Os sábados: de 11 a 13 h.




A biblioteca  está preparada para iniciar unha nova etapa despois de proceder á limpeza das instalacións e a corentena que tiveron  os libros e outros tipos de materiais tras  estar pechada durante 7 semanas. 

  Esta reapertura  requerirá medidas de seguridade, tanto para o persoal  como para as usuarias e usuarios, sendo necesario repectar o protocolo que a continuación detallamos.
As normas de uso da Biblioteca Municipal de Sober , ata que Sanidade e o Goberno adopten una normativa xeral para o conxunto da Rede de Bibliotecas de Galicia, son as seguintes :

  • É recomendable vir á Biblioteca con máscara. A entrada atoparás xel hidroalcólico que terás que usar.  

  • Repecta a distancia de seguridade, evita o contacto próximo e procura non tocar moito as superficies.  


  • Se vas  devolver préstamos, deberás deixalos no lugar indicado na entrada da biblioteca, onde pemanecerán en corentena durante 14 días antes de volver a ser prestados. 

  • Se queres utilizar as instalacións , deberás concertar, preferentemente ,  cita telefónica : 982460414, ou por correo :biblioteca@concellodesober.com.

Nos próximos días seguiremos informando



Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro