Ir al contenido principal

Novidades no catálogo : POESÍA

Nas esquinas do frío , de RAMÓN SANDOVAL, foi a obra gañadora da XXIII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, convocado polo Concello da Estrada.
O seu autor, natural de Sober, xa  ten acadado varios premios de poesía con obras como "Territorios extraños","Naúfragos da cidade" e "Zocas e decibelios".

Este último poemario editado por Fervenza, está composto por un bo número de textos que xurdiron entre os anos 2014 e 2017 e posteriormente retocados no ano 2019.
As fermosas ilustracións e o deseño da cuberta son de Manuel Fragoso.
Atopamos este poemario na seción de poesía en galego da BPM de Sober

A

📖 Aquí tedes o poema : TREN DE PASO

o tren
fura a paisaxe
a velocidade constante

en sentido contrario
os recordos do pasaxeiro
tamén van furando no tempo
buscando esa primeira estación
na que sacou un billete de ida
sen destino fixado



Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán