O martes día 15 de novembro na bpm de Sober tivemos a presentación da última novela do monfortino FERNANDO HERNÁNDEZ GONZÁLEZ. Nacido no ano 1969 na capital da Ribeira Sacra, desenrola a súa actividade profesional no Barco de Valdeorras, onde traballa como Policía Local dende hai case 30 anos. É Graduado en Criminoloxía polas Universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. A súa pasión pola lectura e a escritura lévano a publicar a súa primeira novela, JUGUETES DE LO DESCONOCIDO. No ano 2020 presentou unha nova obra GOTAS DE ESPERANZA, que debido á pandemia mundial, non tiveramos ocasión de presentar en Sober ata o de agora. A historia que relata está ambientada en Galicia, cun especial protagonismo no nosa Comarca de Lemos. A novela ten un forte contido social, e a súa protagonista, Marga Botana, unha funcionaria dos xulgados da Coruña, vese involucrada, en situacións complicadas e que mudan o ritmo da súa vida. Podemos decir que unha obra de acción na que as red...