Ir al contenido principal

Merendas con contos con YOLANDA CASTAÑO

 




No último venres de xaneiro recibimos a visita da poeta galega Yolanda Castaño, que está a realizar unha Residencia literaria"Escrita no remoto" no Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos.

Achegouse ata a  biblioteca de Sober para contar aos nenos e nenas das Merendas con contos o seu libro "Coller as rendas" 






O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha...son os protagonistas deste fermoso conto ilustrado por Xosé Tomás. 


"A cría macho

do ourizo cacho

que se escondeu.

"Cando me agacho

detrás do sacho

ninguén me atopa

e aquí estou eu!"


Moitas grazas Yolanda por vir ata a BPM de Sober.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán