Ir al contenido principal

Coller as rendas, de Yolanda Castaño


 As Merendas con Contos deste venres 27 de xaneiro tiveron unha contadora moi especial. Estivo na biblioteca Yolanda Castaño, có seu conto "Coller as rendas".



Os protagonistas deste conto : o ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha...teñen un camiño por trazar e Yolanda Castaño levou de paseo aos nenas e nenas da biblioteca acompañando a estes animalños. 



"Todos estes animaliños

insectos e bechos mariños,

os seus amigos e veciños,

teñen algo que compartir.

Entre ánimos e aloumiños

emprenderon os seus camiños

sen ter que esperar que, antes, outros

llelos tivesen que dirixir."


Moitas grazas por todo, por vir ata a biblioteca de Sober e deixar asinado este fermoso libro infantil. Ata sempre.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán