Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

Lecturas no Campamento de verán. 3

  "A Greta encántalle a súa masota.  É unha nube!  Pero nunca chove a gusto de todos, e algúns veciños non están moi contentos coa nube de Greta. Co tempo, vaise facendo máis e máis pequena, ata que un día..." O conto "A nube de Greta" de David Hernández Sevillano , ilustrado por, Luisa Vera, foi a lectura escollida para unha mañá de campamento de verán. NubeOcho edita este fermoso álbum ilustrado con moitas sorpresas, amor e tamén humor. Completamos a xornada coa decoración dun mandil e gorro de cociñeira, para utilizar nun obradoiro programado na Escola de Hostelería de Rosende. 

Lecturas no Campamento de verán. 2

Esta semana durante a  visita dos nen@s á biblioteca  lemos un kamishibai , unha forma de contar historias dun xeito diferente e que ten a súa orixe en Japón.  Daniela Kulot , autora de Unha gran sorpresa, narra as aventuras de Crocodilo e Xirafa,  que atravesarán o campo, cruzarán montañas e vales, e percorrerán toda a cidade seguindo o rastro dunha misteriosa corda vermella.  O conto fora coloreado  polos nen@s das Merendas con Contos no mes de xaneiro, e foi unha oportunidade de amosar o traballo realizado  aos seus compañeiros de campamento.  Posteriormente realizouse un obradoiro de debuxo con acuarelas,  onde plasmaron as súas aventuras favoritas da  historia. O conto desta semana reflicte o protagonismo da infancia nun fogar onde os afectos e as emocións están por encima dos agasallos materiais, cunha proposta estética que se centra no colorido das escenas e a expresividade dos personaxes e que reforza o dinamismo do relato. Aproveitamos esta mañá para proseguir coa proposta do

Lecturas no Campamento de verán. 1

  No campamento de verán organizado polo Concello de Sober, a biblioteca recibe os xoves  a visita dos nenos e nenas participantes nesta actividade. Durante a  mañá lemos  o conto elexido para esta xornada e posteriormente  temos un obradoiro : realizaron un pequeno libro -resumen da historia que escoitaron contar aos nenos máis maiores do grupo.  O primeira historia deste verán foi  : "Cando o sol marcha", escrito e ilustrado por, Alicia Acosta e Mar Ferrero. : O sol marcha polo horizonte. Agóchase, ledo, por detrás dos montes.  Familias diversas regresan ás súas casas ao rematar o día.  Os traballos realizados quedan expostos nun mural na entrada da biblioteca. Noraboa a tod@s.  Aproveitamos a mañá na biblioteca para  buscar as novidades que chegan á biblioteca este verán e renovar os  préstamos ata a próxima semana. 

Coñece o teu Concello : programación Campamento de verán