Ir al contenido principal

Entradas

Programación Merendas con contos en marzo

Mes de marzo Venres día 1 :    FESTA DE DISFRACES Venres 8 :       CINE , na Aula multimedia  Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CON EVA ABAL TOBÍO . Venres 15 :   " As merendas informan, traballamos nas novas do  mes do Amandi ", na Aula multimedia. Celebramos o Día mundial da POESÍA. Venres 22 : " As merendas informan, traballamos nas novas do  mes do Amandi , na Aula multimedia. Celebramos o DÍA DO TEATRO , coa colaboración da Escola Municipal de Teatro de Sober.  Venres 29 : Visita ós viñedos de Viticultores de Amandi LECTURAS para este mes de marzo : 

Convocatoria Certame Debuxo Infantil

BASES  V CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI : Neste certame poden participar tódolos nenas e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos , dos centros de ensino da Comarca Terra de Lemos. Os debuxos deberán presentarse sobre cartulina , tamaño aproximado DINA4, sobre o tema que se propón a continuación : O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA . Cada autor presentará un único traballo acompañdo dunha folla cos seus datos persoais. O prazo de presentación dos traballlos rematará o vindeiro 12 de marzo , debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober. O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame. O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo. Haberá un único premio valorado en 150 €. Ademáis concedarase accésit de 50€ ó mellor debuxo de cada colexio participante. A entrega dos premios t...

Animación á lectura en febreiro

A programación das MERENDAS CON CONTOS no mes de febreiro continúa coa dinámica de actividades, obradoiros e a lectura como punto de referencia.  Durante o mes de febreiro na AULA MULTIMEDIA realizamos diversos obradoiros :  Coñecemos como é un ordenador a través do xogo  , relacionando as partes dun equipo informático  coas partes do corpo humano. Celebramos o Día da Lingua Materna (21 de febreiro)    Introducimosnos na lingua de signos coas tablets gracias a unha aplicación que os nenos e as nenas manexaron con destreza  e coñecemos o alfabeto de signos ;  aprendemos a decir os nosos nomes e alguna palabra para comunicarnos con  esta linguaxe a través de xestos polo que se comunican as persoas con discapacidade auditiva  e/ou dificultade na fala. Na BIBIOTECA houbo moito tempo tamén para  a LECTURA : unha vez rematado o conto kamishibai , os nenos e as nenas  leron ...

ENTREGA PREMIOS PROVINCIAIS - CERTAME POESÍA NADAL

NORABOA CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ e AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO Neste enlace do blog da biblioteca escolar CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober temos a entrega de premios do Certame de Poesía infantil de Nadal, convocado pola Biblioteca de Lugo e na que dous nenos de Sober resultaron premiados. O blogue de Lectuvín: ENTREGA PREMIOS PROVINCIAIS - CERTAME POESÍA NADAL  

Mañá na biblioteca : FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI

Obradoiro a cargo de POLO CORREO DO VENTO ,   para conmemorar o aniversario de ROSALÍA DE CASTRO  (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885). Lectura pública da obra de ROSALÍA DE CASTRO , unha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). VENRES 22 de febreiro na  BIBLIOTECA DE SOBER

Mi pecado, de Javier Moro

LECTURA para o mes de  FEBREIRO NO CL PINTOR DE CASTINANDE BPM DE SOBER ÓS MÉRCORES ÁS 19:00h. Javier Moro recrea na súa última novela MI PECADO , unha historia que sucedeu realmente. A protagonista desta historia é a actriz española Conchita Montenegro quen, en 1930 con apenas 19 anos, desembarcou en Hollywood. Grazas á súa beleza, intelixencia, personalidade e tesón, a nova promesa fíxose un oco entre as principais estrelas do momento. A súa extraordinaria mirada cativou a Leslie Howard , de quen foi compañeira durante un tempo; este actor era un home casado que lle dobraba a idade. Os amantes viviron o seu idilio entre festas de ilusión e estreas triunfais, paseos da cabalo e voos en avioneta pola costa de California. Trece anos máis tarde, a súa historia de amor tivo un desenlace inesperado cando os dous reencontráronse en Madrid e, sen sabelo, influíron no curso da Segunda Guerra Mundial. https://youtu.be/wONwUNBGY-s O AUTOR : ...

Novidades infantil-xuvenil

Tres propostas da editorial TAKATUKA que aborda situacións e preocupacións cotidianas dos nenos e das nenas.