Ir al contenido principal

Entradas

Novidades. Ficción. Adultos

Novidades Banda Deseñada

Novidades no catálogo

Novo carné da biblioteca

  Neste verán a BPM de Sober pasou   a formar parte do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia .   O novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/   Entre as vantaxes que perciben os usuarios está o acceso, cun carné único de bibliotecas, aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións… así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, un sistema  de préstamo de libro electrónico.  Será imprescindible presentar o novo carné cando queiramos levar un libro de calquera das bibliotecas da rede.  Por iso, os usuarios da BPM de Sober, poden pasar a SOLICITAR e recoller este novo carné e a preguntar por as nov...

Igualdade de xénero dende a lectura

 Durante este verán programáronse un total de tres obradoiros con actividades de dinamización da lectura que tiveron  como obxectivo a promoción da igualdade entre homes e mullleres.   A BPM de Sober , coa colaboración das axudas convocadas pola  Consellería de Cultura da  Xunta de Galicia,  comprometeuse  na  prevención e sensibilización contra calquera forma de violencia contra a muller e participa así no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. Traballar a igualdade de xénero dende a lectura na biblioteca pública, especialmente cos nenos e nenas pode axudar a eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, a previr situacións de discriminación sexista no futuro. O primeiro destes obradoiros realizouse nas instalacións da piscina municipal a tarde do 21 de agosto . = (Igual)quere concienciar aos cativos e mozos da necesidade da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenci...

A Biblioteca de Sober no Catálogo Colectivo

A BPM de Sober está en proceso de integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , grazas a implantación do sistema de xestión bibliotecaria Koha e a creación dun catálogo colectivo único. Este catálogo ten un dobre obxectivo: A creación dun catálogo colectivo e dun carné de lector único válido para a todas as bibliotecas públicas da rede que permita a unificación dos servizos que se ofrecen. Este novo sistema facilita o labor dos técnicos bibliotecarios a través dunha xestión unificada e eficaz ; ao mesmo tempo unha serie de vantaxes para o usuario como son : acceso aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede. consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia . servizos online sen ter que desprazarse á biblioteca, como poden ser solicitar o carné de rede , reservar libros e renovación de préstamos. posibilítase tamén o acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe . Dende finais deste mes de...

Lecturas refrescantes

Nesta semana abrimos   as portas da  Bibliopiscina!! : Extendemos así os servizos bibliotecarios : os libros saen da biblioteca (o seu lugar habitual) para estar presentes nos lugares de ocio máis concurridos nos meses de verán. Atopamos moitas novidades para todas as idades ,  en  lingua galega e tamén en castelá . Durante os meses de xullo e agosto tamén teremos actividades de animación á lectura para os lectores máis novos.  ESTADE ATENTOS ¡¡¡