Ir al contenido principal

Entradas

Premio de animación á lectura María Moliner

  Un ano máis a BPM de Sober é unha das bibliotecas premiadas no concurso de proxectos de  animación á lectura María Moliner, convocado polo Ministerio de Cultura e Deporte para municipios de menos de 50.000hb. O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. Os 360 beneficiarios deste premio recibimos unha axuda por importe de 2.777,77€ destinados á compra de libros. No seguinte enlace temos o listado de premiados por CCAA neste ano 2022 :  https://forum.wordreference.com/threads/la-leche-se-cort%C3%B3.1992537/ Este premio é para todos os usuari@s da bpm de Sober. Grazas a vós e a vosa implicación  podemos levar a cabo o proxecto de animación á lectura que presentamos neste certame.  #sober coa lectura #sobercoacultura #merendascon contos #clubde...

Coñece o teu concello : campamento de verán

 Entre os días 4 de xullo e  durante cinco semanas , ata o 4 de agosto, realizamos  o campamento de verán para nenos e nenas entre os catro e os doce anos, que chega xa a súa 6ªedición. As actividades teñen lugar de luns a xoves entre as 10:30 e as 13:30. Na presente edición destacamos as actividades de iniciación a diferentes deportes, excursións e visitas a lugares do concello de Sober e coma sempre as visitas semanais á biblioteca, para coñecer as novas lecturas incorporadas a nosa colección infantil-xuvenil, facer novos soci@s e facer préstamos aos interesados en levar lecturas para a súa casa.  Durante este tempo de verán a excursión ata o río Sil  desperta sempre expectación e balbordo entre os pequenos participantes.  Na visita á Casa da Fonte, guiada polo titular da explotación gandeira, Xosé García Freire, contounos a composición do rabaño actual enfocado sobre todo á producción  do leite e  derivados : queixo, iogures...     ...

Horario de verán

 

Narración oral con Carmen Conde

O martes 21 de xuño, na biblioteca de Sober , as persoas maiores que participan nas actividades programadas nesta biblioteca , disfrutaron dunha tarde de contos con  Carmen Conde :  narradora oral que traballa  o maxín, o descurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita.  Esta actividade forma parte do Programa de dinamización lectora para bibliotecas públicas no que colaboran a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Sober. Rematamos neste día a programación para os maiores que o Concello de Sober programa na biblioteca. Grazas a tod@s por asistir e vémonos moi pronto.

Recomendacións lectoras

  Coma todos os veráns o COLECTIVO LEMOS LE ,  bibliotecas municipais e as dos centros de ensino da Comarca Terra de Lemos, elaboramos as nosas suxerencias de lectura para todas as idades. n . 👀Aquí deixamos o enlace no que podedes ver e tamén descargar as recomendacións para este verán 📚:    http://lemosle.blogspot.com/2022/06/recomendacions-lectoras-veran-2022.html  

CL infantil Viaxando polas Letras

  Para rematar as sesións deste curso  no CL infantil do Colexio de Sober, a lectura escollida foi este libro de Teresa Benéitez , ilustrado por Flavia Zorrilla.  O libro relata dunha forma rigorosa e entretida as peripecias que tiveron algúns dos principais produtos da alimentación humana: o trigo, o arroz, o millo, a pataca... Alimentos que foron levados a América e tamén os que trouxeron dese continente despois das expedicións dos países europeos.  Como actividades complementaria á lectura, fixemos unha visita a Escola de Hostelería de Rosende, Sober, onde David Cidre e os seus alumnos ensinaron aos nenos e nenas a elaboración de ricas galletas.  Moitas gracias por recibirnos e atendernos tan ben.

Premios Certame das Letras Galegas

 Na biblioteca de Sober entregáronse os premios aos gañadores do Certame de Debuxo convocado pola Biblioteca de Lugo para o Día das Letras Galegas.   Na categoría A , ata 8 anos :  1º ADA CASTRO LÓPEZ  2º ANTÍA GAGO FERNÁNDEZ 3º SAÚL RODRÍGUEZ VIVIRIDO  Tivemos dous accésit :  CARLOTA FERNÁNDEZ SAÁ CANDELA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ     Na categoría B, de 9 a 11 anos 1º LIBERTAD FERNÁNDEZ PIÑEIRO 2º LUCÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Categoría C, de 12 a 16 anos 1º PILAR VENCE ÁLVAREZ O Alcalde de Sober, Luís Fdez. Guitián, fixo entrega dos diplomas e tamén dos agasallos a todos os participantes. NORABOA A SAÚL E  A TODAS AS NENAS E MOITA SORTE NA FASE PROVINCIAL DESTE CERTAME.