Seguimos coas lecturas dos mércores no campamento de verán 2025 con Antes fuimos dinosaurios. Ademais, co kamishibai abrimos a porta á imaxinación a través doutro formato de lectura.
Ron é un enorme Tiranosauro Rex pero é bastante diferente repecto ao resto dos tiranosauros. Mei é un dinosauro moi pequeno, case insignificante para ser un dinosauro. A partir destes dous personaxes entramos nunha entrañable historia de amizade na que os dous teñen algo en común: o desexo de evolucionar cumprindo os seus soños.
Comentarios
Publicar un comentario