A última lectura do noso club neste ano foi un libro da escritora canadiense Donna Milner, sobre as relacións familiares, os segredos e as reflexións da vida : Cando Natalie Ward recibe a noticia da enfermidade terminal da súa nai Nettie, non dubida en regresar ao seu pobo natal, na pequena localidade canadense de Atwood, tras máis de trinta anos de ausencia. Na longa viaxe de autobús que emprende desde Vancouver, rememora o seu idílica infancia e os acontecementos que en 1968 cambiáronlle a vida, e a da súa familia. Entón ela vivía na granxa familiar cos seus pais e os seus irmáns homes. Pero un caloroso día de xullo, ao entrar o mozo River por primeira vez no seu xardín, comprendeu que todo cambiaría. River, que representaba un mundo libre de conservadurismos oposto ao que vivira ata entón, entrou a traballar na granxa e gañouse en pouco tempo o agarimo da familia e especialmente a admiración de Natalie. Pero, a partir dese momento, tamén se e...