A tarde do venres 21 de abril a biblioteca do Concello de Sober acolleu as actividades programadas para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017. BookCrossing : liberamos libros no parque infantil de Sober. A volta ao mundo en 80 libros : nun mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro " A volta ao mundo en oitenta días" . Grazas a Phileas Fogg , cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre todo aos escritores máis representativos dos lugares polos que Fogg, Passepartout , Fix e Aouda viaxan durante 80 días : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK e xa de volta para Inglaterra. Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas...