O venres 31 de marzo entregáronse os premios do III CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DA XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI.
Participaron escolares dos CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.
O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, fixo entrega do premio á gañadora CANDELA ENRÍQUEZ BUJÁN, alumna de primeiro de primaria do CEIP Monte Baliño, que có seu debuxo nun adhesivo promocionará a feira do viño deste ano.
Xa pola tarde, os nenos e as nenas das Merendas con contos participaron nun obradoiro dirixido por Alia Pérez Álvarez , técnica de viticultura do Concello de Sober, que falou cós rapaces sobre o cultivo da vide e tamén poideron degustar o zume das uvas esmagadas á maneira tradicional.
A biblioteca de Sober remata o mes de marzo con estas actividades coas que quere colaborar na difusión da Feira do viño de Amandi que se celebra este ano 2017 os días
Os alumnos e alumnas da Escola municipal de teatro de Sober presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural a obra 'Sira e o Robot' .
Comentarios
Publicar un comentario