A tarde do venres 21 de abril a biblioteca do Concello de Sober acolleu as actividades programadas para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017.
- BookCrossing : liberamos libros no parque infantil de Sober.
- A volta ao mundo en 80 libros : nun mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro "A volta ao mundo en oitenta días" .
Grazas a Phileas Fogg, cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre todo aos escritores máis representativos dos lugares polos que Fogg, Passepartout , Fix e Aouda viaxan durante 80 días : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK e xa de volta para Inglaterra.
Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas as persoas do concello de Sober que quixeron deixar a súa pegada "literaria " para participar na celebración do DÍA DO LIBRO 2017.
Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas as persoas do concello de Sober que quixeron deixar a súa pegada "literaria " para participar na celebración do DÍA DO LIBRO 2017.




- V Mercadillo de libros : aproveitamos unha boa tarde de primavera para salir cós libros ata o parque e poder ofrecelos a todas as persoas que pasaron a visitarnos.
Comentarios
Publicar un comentario