O día 3 de abril, MES DOS LIBROS, presentouse na biblioteca a novela : O ALÉN DOS BARQUEIROS , de ANXO MUÍÑOS . No prelimiar deste libro, Lionel Rexes di : " O alén dos barqueiros non é un ensaio ( mais eo), nin é un diccionario mitolóxico (xaora que o é) ; pois é, por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa. É dicir, unha novela en toda a extenxión do concepto." "O alén dos barqueiros" é unha novela histórica, na que o protagonista, o sueco Ingemar Westterstrom, inicia unha viaxe dende a súa terra natal recorrendo parte de Europa. Nesta singladura, seguindo os cursos dos ríos, vainos desvelar os misterios da vida a través das lendas de cada lugar. Para o autor, ANXO GÓMEZ FIGUEIRA , nado en Taragoña, Rianxo, no 1966, esta é a súa primeira novela, editada pola editorial cántabra Fanes. Destacan as fermosas ilustracións que acompañan ó texto e que foron realizadas polo soberino HUMBERTO ...