Ir al contenido principal

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde o ano 1967 , o día 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do
DÍA INTENACIONAL DO LIBRO INFANTIL, CO FIN DE PROMOCIONAR OS BOS LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS E A LECTURA ENTRE OS MÁIS NOVOS.


OS LIBROS INSPIRAN PAUSA
Traducción da mensaxe escrita este ano polo escritor lituano KESTUTIS KASPARAVICIUS .

Vou con presa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... expresións coma estas poden escoitarse quizais a cotío, non só en Lituania senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia, da presa e da precipitación.
Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa : axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente , en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.
O universo dos libros é moi extenso, e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde-se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cado estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?
Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?
E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte , as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven...vaites, xa sabedes o que ven!
Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo-sexa pequna ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que senpre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor.
No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós :
Que non falten os libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!
Na biblioteca de Sober fixemos a nosa pequena homenaxe a literatura infantil, e utilizamos o SOÑOS NA GAIOLA, de MANUEL MARIA, obra destacada na poesía infantil en Galicia.
Lemos algún dos poemas e fixemos unhas fotos de recordo

  • HÉCTOR e MATEO leron " LABREGO "
  • ZAIRA, LAURA, MENCÍA e CÉSAR leron "A BONECA"
  • GISELA, PABLO, VALERIA, ANTÍA, CARLOTA e CANDELA leron
"O MERLO"



Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro