Ir al contenido principal

CL- Los soldados de Cataluña, de Eduardo Mendoza


A lectura escollida para o mes de abril no CL Pintor de Castinande é esta novela de Eduardo Mendoza, que tivo como título orixinal : "La verdad sobre el caso Savolta", e coa que acadou un gran recoñecemento e foi  Premio da Crítica no ano 1976. 
O título orixinal "Los soldados de Cataluña", non foi aceptado pola censura franquista. 

Novela social e política ambientada na Barcelona dos anos vinte do século pasado e considerada como a primeira novela da transición democrática en España. 


Resumo: Barcelona entre os anos 1917 e 1923. É a época do pistolerismo durante a cal o enfrontamento entre pistoleiros anarquistas e sicarios pagos pola patronal arroxou un número escandaloso de mortes. O enfrontamento entre os traballadores anarquistas e os propietarios da fábrica de armas Savolta agrávase cando a familia Savolta decide acabar coa rebelión contratando asasinos a soldo e tramando intrigas co fin de ocultar as súas ilegais transaccións con Alemaña. Esta obra reflicte a situación social, económica e política da época, un momento de gran inseguridade e de constantes protestas obreiras.

O autor : EDUARDO MENDOZA
Naceu en Barcelona en 1943. Avogado e tradutor na Organización das Nacións Unidas en Nova York, foi funcionario internacional en Xenebra, Viena e Istambul. Cando intuíu que podía vivir da literatura renunciou ao seu cargo.


A súa obra : 1975-2018

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán