Ir al contenido principal

O CL celebra o Día do Libro 2019


O club de lectura Pintor de Castinande realizou  unha viaxe polo Courel para celebrar o DÍA  do LIBRO 2019. 

O obxectivo principal foi visitar a Casa-Museo de UXÍO NOVONEYRA ( 1930-1999 ), no lugar de Parada en Folgoso de Courel. 

Neste lugar atopamos a  casa familiar (Casa da Fonte) do autor  de OS EIDOS. Convertida en Fundación no ano 2011 có fin de conservar e difundir a obra e o legado do poeta do Courel Está situada nun entorno impresionante, de gran beleza paisaxística. 

Fomos acompañados polo guía da casa , que nos amosou as diversas estancias desta vivenda rural, na que o poeta pasou unha gran parte da súa vida. Aquí atopamos moitas das súas creacións e tamén agasallos e moitos recordos dos seus amigos : escritores , pintores, os máis importantes creadores da nosa cultura : Lugrís,  Manuel María, Reimundo Patiño, Laxeiro...

Nesta casa tamén poidemos coñecer a dimensión plástica deste autor, coa súa pasión polo gravado , que quedará plasmado nos seus fermosos  caligramas.  
Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe¡
Eiquí síntese ben o pouco que é un home.
(1952)



Xa pola tarde,o Club de lectura da Biblioteca de Sober fixo unha visita a lugares moi fermosos do Concello de Folgoso : a Poza das Mulas no río Lor  e o Castro da Torre con vestixios dunha asentamento romano. 
 Estivemos acompañados pola técnica de turismo do Concello de Folgoso de Courel , Ana Marta Arza González, que durante todo o día amosounos a súa terra e  fixo desta viaxe polo Courel unha xornada moi gratificante para tod@s.  Grazas Marta


Montañas do Courel Xeoparque Mundial da UNESCO.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán