Comeza unha nova etapa do CL Pintor de Castinande. Voltamos as reunións dos martes ás 18:00h. A primeira lectura deste curso será " Hasta donde termina el mar" de Alaitz Leceaga. A autora de novelas superventas " El bosque sabe tú nombre" (2018) e "Las hijas de la tierra" (2019), foi aclamada no ano 2018 coa novela escollida para iniciar o noso CL deste ano e que acadou o Premio Fernando Lara de novela no ano 2021. A trama desta historia ten lugar nun idílico pobo da costa vasca, Ea, onde Dylan e Ulises contemplan como no horizonte se afunde o barco da familia , o Anabelle, como consecuencia dunha galerna desatada durante a noite anterior. Un tempo despois, o corpo dunha moza aparece flotando na praia. Estamos no ano 1901 nun lugar onde varias mulleres desapareceran sen deixar rastro. Cunha mezcla de fantasía e realidade, a autora conta unha historia de intrigas , engaños e mentiras, que parecen unha cousa e se tornan noutra, cun final totalmente ines...