Ir al contenido principal

Presentación da novela : He visto cosas, de Santiago B. Suárez

 




No DÍA DA BIBLIOTECA  , 24 de outubro Santiago Blanco Suárez
, presenta na biblioteca de Sober a súa primeira novela : He visto cosas.

O autor , ex docente en Seguridade Informática, Físico e Dr. en Informática, fai nesta novela  unha historia distópica sobre amizades cuánticas , venganzas e corrupción.
 Nas súas palabras trátase dunha novela de aventuras nun futuro inmediato : una relación de amizade entre un policía e unha súper máquina ( cuántica ). Novela de ciencia ficción, próxima a unha distopía situada nun futuro non afastado ( cara a 2045-50 ) aínda que as raíces están na historia recente do noso país.  Dentro de non moitos anos as máquinas ( ordenadores, robots, lavadoras...), dotadas de intelixencia artificial xeral, serán ( case) omnipresentes e (case) omnipotentes.
Unha lectura que provocará nos lectores moitos interrogantes.
Os integrantes do CL asistiron á presentación e participaron no debate posterior.
Grazas a Santiago B. Súarez por contar coa bpm de Sober na presentación da súa novela.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán