Ir al contenido principal

Día das Bibliotecas 2023. Colectivo Lemos Le

Por noveno ano o noso colectivo volveu a organizar unha xuntanza de confraternidade para conmemorar o Día das Bibliotecas coa finalidade de fomentar o papel das nosas bibliotecas escolares e municipais.



 Este ano a xuntanza tivo como tema o principal o lema "Tecendo comunidades" proposto polo Ministerio de Cultura y Deporte para, como indican na súa páxina, "destacar el papel fundamental que desempeñan las bibliotecas en la construcción de lazos fuertes dentro de nuestras comunidades. Estas instituciones son centros de conexión y aprendizaje, donde las historias, las experiencias y los conocimientos son los hilos que unen a los ciudadanos."

 

 Como en anteriores edicións, volvemos a contar coa colaboración de escritores e escritoras da comarca que nos agasallan cun texto co que editamos un marcapáxinas para conmemorar o Día das Bibliotecas.

    Este ano o texto foi escrito e ilustrado por Dani Viéitez e Iria Iglesias, e nel fálannos da súa historia literaria (enlace ao texto). Ademais, como tamén son ilustradores, encargáronse da ilustración e do deseño do marcapáxinas no que aparecen moitos dos protagonistas das súas obras: o raposo Rufo, Pilonga e Amanito, Pelo de Nube...


 Artigo de prensa publicado no xornal El Progreso o domingo 29 de outubro de 2023,
na sección Ribeira Sacra páxina 21.
 


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán