Ir al contenido principal

CL-Hasta donde termina el mar

 

Comeza unha nova etapa do CL Pintor de Castinande. Voltamos as reunións dos martes ás 18:00h. 

A primeira lectura deste curso será "Hasta donde termina el mar" de Alaitz Leceaga. 


A autora de novelas superventas " El bosque sabe tú nombre" (2018) e "Las hijas de la tierra" (2019), foi aclamada no ano 2018 coa novela escollida para iniciar o noso CL deste ano e que acadou o Premio Fernando Lara de novela no ano 2021.

A trama desta historia ten lugar nun idílico pobo da costa vasca, Ea, onde Dylan e Ulises contemplan como no horizonte se afunde o barco da familia , o Anabelle, como consecuencia dunha galerna desatada durante a noite anterior. Un tempo despois, o corpo dunha moza aparece flotando na praia. Estamos no ano 1901 nun lugar onde varias mulleres desapareceran sen deixar rastro. Cunha mezcla de fantasía e realidade, a autora conta unha historia de intrigas , engaños e mentiras, que parecen unha cousa e se tornan noutra, cun final totalmente inesperado.

A lectura resultou grata  e entretida , sendo ben valorada polos integrantes do cl.


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán