Ir al contenido principal

Abril, MES DOS LIBROS

 

✅A programación da biblioteca no mes de abril continúa coa celebración do noso mercado de libros de segunda man, que todos os anos montamos no exterior da biblioteca e no que participan os nenos e nenas das Merendas con contos.


✅ Despois de dous anos sen poder celebrar o Día do Libro, as persoas maiores que participan nas actividades do Eirado das Letras, e concretamente os integrantes do CL Pintor de Castinande, desplazáronse ata A Coruña para visitar a Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, onde fixeron uha visita-guiada pola súa directora, Julia Santiso, gran coñecedora da obra da escritora coruñesa. A proposta da viaxe xurdiu despois da lectura de La Tribuna, que ten como protagonista á cidade galega na que estaba situada unha importante fábrica de tabacos.



Alumn@s e profesores do Ciclo de Educación Infantil do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos, visitaron a biblioteca de  Sober para coñecer as instalacións e o programa de actividades destinado aos máis pequenos.
Grazas pola visita e agardamos ter moi pronto proxectos en común.


 ✅ Rematamos as actividades do mes de abril coa primeira proposta do Programa de animación á lectura Ler conta moito, que se realiza en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Na primeira parte desta tarde do 29 de abril os nenos e nenas  estiveron na aula de novas tecnoloxías do centro Sociocultural de Sober. 
Rocío Fdez , a nosa compañeira técnica informática, preparou unha estupenda sesión de xogos educativos con GCOMPRIS.


 

A partir das 17 : 30 Carlos Taboada e Tania Solla ( Polo Correo do Vento ) presentaron o contacontos con debuxo "Periplo Atlántico" que narra as aventuras dun pingüin galego, Panchito, que se embarca de polisòn no mercante Antártida, coñece a moitas persoas e lugares ainda que ten morriña por voltar a Galícia.

 


 

Ao rematar a tarde todos @s  participantes no obradoiro realizaron o debuxo do pingüín Panchito .


Abril, mes dos libros,  nas bibliotecas. Usuarios e usarias, bos lectores, escolleron un agasallo, 

un libro e tamén unha planta. Feliz DÍA DO LIBRO 2022.






 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro