Ir al contenido principal

CL infantil Viaxando polas Letras


 A lectura escollida polos nenos e nenas do CL do Colexio de Sober  para a primavera foi unha das obras do escritor Roald Dahl, que  foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos.

As opinións foron moi diversas sobre todo en relación o seu final. A algunhas persoas gustoulles e ata lles pareceu divertido pero a outras deulles moita mágoa que a avoa acabase tan mal. 

 Nas reunións falamos dos diferentes capítulos : Cal é o papel da avoa na familia? E cal é o papel dos nosos avós na nosa familia? Como te sentirías ti no caso de George? E no lugar da avoa?

Todxs destacaron o a importancia que   neste conto teñen  as ilustracións realizadas por Quentin Blake  ilustrador, escritor e debuxante británico. É moi coñecido polo seu labor como ilustrador de literatura infantil, fundamentalmente das obras de Roald Dahl.  O seu estilo artístico é moi característico, con liñas a tinta trazadas con rapidez e inseguridade estudadas que aportan e engaden moitos matices na lectura deste conto.


 


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán