Ir al contenido principal

Contamos coas crianzas

 

A partir dunha visita realizada a bpm de Sober  polos alum@s e profesores do Ciclo de Educación Infantil do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos, comenzamos unha colaboración entre as bibliotecas escolares e a biblioteca municipal.

Mañá  día 20 de maio teremos unha actvidade de animación á lectura dirixida a nenos e nenas entre 3 e 6 anos do colexio de Sober.

Alumnado do ciclo formativo como parte das súas prácticas de aula, desenvolverán unha sesión de narración oral que incluirá diferentes contos en lingua galega.

O venres 20 de maio ás 12:15h. na biblioteca do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán